Trémola Teatro achegará o seu contacontos a Ourol

AMariñaXa
O vindeiro día 18 de marzo estará no Concello de Ourol Trémola Teatro co contacontos Dúas nenas moi valentes. Será ás 18.30 horas
1 Contacontos ourol duas nenas moi valentes
15 Mar 2022

O vindeiro día 18 de marzo estará no Concello de Ourol Trémola Teatro co contacontos Dúas nenas moi valentes. Será ás 18.30 horas no edificio multiusos do concello de Ourol.

Para participar será necesario reservar praza chamando aos teléfonos 982 559 109 e 677 489 457.

Dúas nenas moi moi valentes é a historia de dúas nenas que nunha noite de festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres coma protagonistas. Nesta historia e no mundo real, as nenas deberían ter a posibilidade de soñar e facer o que elas queiran

0.17518615722656