Trécola Producións estará este sábado 18 en Burela coa obra 'Coa música a outra parte'

Trécola Producións estará este sábado 18 de novembro ás 18.00 horas en Burela coa obra 'Coa música a outra parte', dirixida por Isa G. Coldeira e interpretada por Ero Vázquez Cabrera e Raquel López Cendán.
Contará coa música en directo de Pablo Pintor e Barbeiro, os dous integrantes do grupo Airiños da Freba. Esta función está subvencionada polo área de Cultura da Deputación de Lugo.
Ademáis, o luns 20 levará a súa última creación 'Historia dunha gaivota' ao CEIP O Cantel de Foz, facendo dúas representacións para que todas as nenas e nenos do cole poidan desfrutar da obra.