O Burgo de Trasbar celebra a Festa da Pascua

TerraChaXa | AMariñaXa
18 Abr 2019

O próximo 21 de abril terá lugar a Festa da Pascua na parroquia cervense de Trasbar.
Comezará ás 13:30 horas coa actuación da banda de música Dambara de Burela, que se engloba dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo.
Ás 14:00 horas haberá misa solemne na capela e a continuación un xantar que se servirá na carpa instalada na explanada do local social.
O xantar constará de callos, solombo de porco en salsa de champiñóns e postre.
Se non se tivo a posibilidade de inscribirse para o xantar con anterioridade, poderase acudir igualmente, porén o prezo será o dobre.

0.083423137664795