De Lourenzá a Noruega tras case 6.000 quilómetros

AMariñaXa
O club VespaFaba & Clásicos Lourenzá presentar os actos de saída para a aventura Lourenzá-Cabo Norte, unha viaxe en Dyane 6 e Vespa 200
2 Lourenza Cabo Norte Jorge Aguirre Ceferino martinez 2022
10 Jun 2022

Os amigos Jorge Aguirre e Ceferino Martínez concluiron a súa aventura ata terras de Noruega, concretamente a Nordkapp, despois de case 6.000 quilómetros.

Esta viaxe durou 13 días despois de recibir unha calurosa despedida o 28 de maio en Lourenzá na que se embarcaron no seus vehículos, un coche Dyane 6 e unha moto Vespa 200.

Tiveron que madrugar para chegar ao monumento do fin do mundo, e que conta cunha réplica do globo terráqueo, para poder fotografarse nese lugar tan especial cos seus dous inseparables compañeiros de viaxe.

Viaxaron nun Dyane 6 monopraza, perfectamente adaptado, "con cama, praca solar, batería auxiliar, vertedoiro e preparado para facer para comer...." explica o presidente do club, que lles dá apoio nesta viaxe no que investirán outros tantos días para volver á Terra da Faba.

Para a viaxe de volta prevese que sigan a ruta do Báltico, por Helsinki e pasarán por Bielorrusia ou Polonia para percorrer uns 6.500 o 6.800 quilómetros. "Sempre que non haxa contratempos", di o presidente.

0.18607401847839