Traballan nas parroquias de Vilaselán e Piñeira, en Ribadeo
O Plan Avanza Rural, do Concello de Ribadeo, na súa primeira fase estenderase por todas as parroquias da costa. Xa foron realizadas melloras en Vilaselán e en Piñeira. O plan “chegará nunha primeira fase a todas as parroquias da costa. Os traballos estanse realizando en estes momentos. Estamos actuando na parroquia de Vilaselán, tamén na de Piñeira e iremos chegando a cada unha delas”, explicou o rexedor.
Trátase dun plan “moi ambicioso, é un plan programado e que quere incidir en toda a rede das infraestruturas do noso concello. Nos camiños de terra, que levan moitísimos anos abandonados, e por iso estamos realizando un traballo con motoniveladora e eliminación de toda esa terra das cunetas, eliminase coa pala e retírase a un punto de almacenamento, e a partires de aí tamén se dotará a esas estradas, a esas pistas que están nun peor estado, de saburra”.
Vega dixo que se vai actuar en todas as parroquias, “evidentemente vainos levar un tempiño, pero creo que programando, falando cos veciños e actuando nas que peor están, eu creo que é un plan moi importante, un plan que avanza Ribadeo, e desde logo vamos facer un traballo importante. Tamén actuaremos nas pistas forestais, pero nestes momentos estamos executando a primeira parte”.