Traballadores do SAF de Barreiros remataron con éxito un curso de Prevención de riscos

AMariñaXa
O Concello de Barreiros entregou os diplomas do curso de Prevención de riscos laborais no sector sociosanitario no que participaron 22
persoal do SAF do Concello de Barreiros finaliza un curso de P.RR.LL grupo d emanana
25 Out 2022

O Concello de Barreiros entregou os diplomas do curso de Prevención de riscos laborais no sector sociosanitario no que participaron un total de 22 traballadoras e traballadores do servizo de axuda no fogar do Concello de Barreiros.

O alcalde en funcións, Antonio Veiga, xunto coa concelleira de servizos sociais, Carmen Veiga, e a concelleira de Educación e Igualdade, Montse Porteiro, foron as persoas encargadas de facer a entrega dos diplomas ao alumnado. 

Carmen Veiga explicou que “este curso é unha aposta por contribuír a mellorar a formación do persoal do servizo axuda no fogar, actualizar coñecementos e adquirir novas habilidades”. A edil tamén salientou que “a formación orientada aos riscos laborais no sector sociosanitario é moi importante xa que redundará nunha mellor calidade do servizo, tanto para os/as usuarias coma para as traballadoras e traballadores do mesmo”

Pola súa parte, Antonio Veiga, quixo felicitar ao persoal que asistiu a esta formación e “Agradecer a profesionalidade coa que realizan as labores todo o persoal do servizo de axuda no fogar dignificando o servizo e contribuíndo mellorar a calidade de vida das persoas maiores e dependentes de Barreiros.”

O curso, que foi sufragado integramente con fondos municipais, tivo unha duración de 15 horas divididas en 3 xornadas presenciais de mañá ou tarde nas que se abordaron temas como a seguridade na manipulación de produtos químicos, traballos en cociñas, corrección de posturas forzadas, mobilización de usuarios/as non autónomos e indicacións para a prevención da dor de costas entre outra formación relacionada coa prevención de riscos laborais.

0.10989117622375