Traballadores de Alcoa estudan volver á folga
AMariñaXa
Traballadores de Alcoa estudan volver á folga trala reunión mantida hoxe e que continuará o mércores co Ministerio
3 May 2021
O comité convocou unha asemblea de traballadores para hoxe, ás tres e dez da tarde, para informar os traballadores da situación na que se atopa o proceso de venda e na que estudaron as posibles mobilizacións ou outras medidas para forzar unha resolución da situación.
Ao remate da xuntanza informaron da nova asemblea que celebrarán o mércores 5 ás 13.30 diante do hórreo para informar sobre a venda de Alcoa á Sepi, e as posibles manifestacións.
Pola súa banda, o presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, comunicou que "temos mañá unha reunión ás 20.30 convocada polo Ministerio".
Tamén dixo que "a Sepi ten que comprometerse a facerse cargo. Levamos un ano loitando e seguiremolo facendo con cabeza".