Traballadores de Alcoa aprazan ao venres a decisión sobre o inicio da folga

AMariñaXa
O comité de Alcoa decidiu aprazar, de novo, a convocatoria de folga indefinida, que tiña anunciada dende a pasada semana.
alcoa 3 maio 2021
13 May 2021

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao decidiu aprazar, de novo, a convocatoria de folga indefinida, que tiña anunciada dende a pasada semana cando rematou o prazo estipulado no acordo para a venda da planta de Aluminio á Sepi.

A pasada semana o comité decidiu convocar a folga indefinida pero finalmente acordaron retrasala unha semana a petición da ministra de Industria xa que se estaba negociando con outros compradores.

Unha vez concluído o prazo, no día de onte os traballadores esperaron ata que chegou a comunicación que lles fixo chegar Alcoa de que recibira a carta de resposta do Ministerio de Industria á súa última proposta. Deste modo, os traballadores decidiron esperar ata o venres, cando foron citados pola empresa para coñecer as súas conclusións sobre a comunicación que remitiu o Goberno.

O obxectivo do comité con este novo aprazamento é que se poda seguir avanzando nas negociacións de venda.

Pola súa banda, o delegado do Gobierno en Galicia, José Miñones, fixo unhas declaracións nas que asegura que o único responsable da parálise na venda é Alcoa e lembra que "o compromiso do Goberno coa industria electrointensiva reafirmase, unha vez máis, coa aprobación, onte de 91 millóns de euros máis para axudas".

Insisten tamén enque a sociedade estatal é un instrumento de apoio á operación de venda pero que as negociacións ten que levalas Alcoa e que a venda non se vai facer á Sepi como querían os traballadores.

0.073844909667969