Traballadores da factoría de Vestas cortaron a estrada LU-540
Traballadores da factoría viveirense de Vestas cortaron hoxe ao mediodía o tráfico da estrada LU-540 á altura do quilómetro 9.
Así, os traballadores seguen coas súas protestas horas despois de que se fixera público que a empresa danesa "non colabora nin o vai facer en buscar unha solución industrial para os traballadores".
A multinacional danesa rechazou na quinta reunión do período de consultas do despedimento colectivo de 115 empregados a proposta dos sindicatos de ampliar as negociacións ata finais de ano. O período foi ampliado tan só ata o 5 de novembro.
As próximas mobilizacións convocadas serán o martes 2 e o mércores 3 de novembro, na que os traballadores realizarán concentracións ás portas da fábrica cortando a circulación durante 1 hora.