Trabada xa ten preparadas as actividades para este semestre
TerraChaXa | AMariñaXa
21 Feb 2019
O Concello de Trabada prepara unha serie de eventos para este semestre de ano. Comezarán o día 22 de febreiro cos Cantos de Taberna, e continuarán o 2 de marzo cun campionato de seleccións comarcais de fútbol sala, que será no pavillón municipal entre o sábado 2 e o luns 4.
A festa do Entroido será o 16 de marzo pola tarde noite polas rúas da vila. Despois en abril celebrarase o TapEo dende o día 5 ao 7, no cal poderanse comer as tapas máis deliciosas da gastronomía trabadense.
O 5 de maio será a festa da Enfariñada, onde poderase degustar este tradicional plato a partir das 12 na praza do Concello.