Trabada substituíu o valado de varias pontes nas parroquias

AMariñaXa
As actuacións foron nas pontes da Escanarega, Portodomalle, Río, San Esteban, A Trapa e Trabadela
trabada
22 Xul 2024

O Concello de Trabada substituíu nas últimas datas o valado de varias pontes situadas nas parroquias. En concreto, as actuacións foron nas pontes da Escanarega, Portodomalle, Río, San Esteban, A Trapa e Trabadela.

“Uns traballos que levamos a cabo con fondos propios do concello para mellorar a rede de estradas municipais de Trabada”, explica o alcalde, Rubén García. Desta forma, “melloramos a seguridade viaria Nestas pontes, que necesitaban a substitución do seu valado debido ao seu desgaste”, engade o alcalde.

0.19189405441284