Trabada renovará a fachada da Cámara Agraria cunha subvención

AMariñaXa
O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención neste caso para a renovación do acabado exterior da fachada da Cámara Agraria.
concello trabada
23 Out 2021

O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención da Xunta de Galicia, neste caso para a renovación do acabado exterior da fachada da Cámara Agraria.

O obxectivo da actuación é protexer a edificación, evitar o seu deterioro e mellorar a calidade da paisaxe rural corrixindo os impactos paisaxísticos qe ocasiona, tendo en conta o establecido no artigo 39 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia, no que se sinala que os materiais e cores das edificacións serán acordes coa paisaxe rural e as construcción do entorno.

As tarefas consistirán polo tanto na limpeza e reparación das zonas con humidade e mofo, así como na pintura das catro fachadas mediante pintura plástica lisa coa combinación de cores incluídas no catálogo de ‘A Mariña e o baixo Eo’, coas mesmas cores que se utilizaron para pintar a antiga escola e vivienda de Mestres, recentemente convertida en museo etnográfico. 

As obras terán un orzamento de 25.000 euros e a axuda da Xunta de Galicia é de 17.500 euros, polo que o concello aportará a diferenza con fondos propios.

Trabada Mayra Garcia Bermudez
0.22336006164551