Trabada réndese aos produtos de Saborea a túa provincia
AMariñaXa
O Concello de Trabada réndese aos produtos da provincia de Lugo nunha nova parada do programa Saborea a túa provincia
14 Ago 2022
O Concello de Trabada acolleu este domingo o programa Saborea a túa Provincia impulsado pola Deputación de Lugo
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa da localidade, Mayra García Bermúdez, participou nesta cita gastronómica e de lecer na que o cociñeiro Jesús Villarino, de O’Asador del Alba, elaborou albóndega de Merluza de Burela con faba IXP de Lourenzá en salsa de mel IXP Conde Santo.
Os máis pequenos participaron nos obradoiros de cociña e a música de Tumba e Dálle e Atlántica puxeron o ritmo a esta xornada lúdica.