Trabada recibe novo equipamento para a atención de emerxencias

AMariñaXa
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil conta cun novo remolque
novo-remolque-proteccion-civil-trabada
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada recibe un novo remolque
16 Apr 2025

Trabada, 15 de abril de 2025. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada ven de acadar un remolque para a atención de emerxencias, tras a solicitude do Concello de Trabada o pasado 19 de agosto de 2024.
O alcalde Rubén García Freije e varios membros da Agrupación de voluntarios desprazáronse ata a Sede da Axencia Galega de Emerxencias para efectuar a recollida do novo remolque para emerxencias.

O alcalde destacou: “grazas a xestión desde o Concello de Trabada e a boa labor dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada puidemos acadar este novo equipamento para a atención de emerxencias”

Ademáis destacou o traballo da Agrupación de Voluntarios: “ A súa labor é fundamental en calquer emerxencia que ocorre no noso concello, e así se ve reflexado o seu bo traballo e servizo que prestan, acadando unha alta puntuación na orde da subvención e así ser beneficiarios deste novo equipamento”
O Concello de Trabada agradece o compromiso e entrega da Agrupación de voluntarios de Protección de Civil, unha peza clave na seguridade e benestar da veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.21823906898499