Trabada recibe nova maquinaria para os traballos de mantemento e poda

AMariñaXa
O Concello de Trabada recibiu nova maquinaria para traballos de mantemento de espazos naturais e poda.
maquinaria_trabada
24 Xul 2024

O Concello de Trabada recibiu nova maquinaria para traballos de mantemento de espazos naturais e poda. “Dispoñemos dun novo cortacéspede e unha podadora para realizar tarefas en todo o concello”, explica o alcalde de Trabada, Rubén García.

O alcalde destaca ademais “o feito de que esta nova maquinaria sexa eléctrica, polo que melloramos o respecto medioambiental”, engade o alcalde. O novo equipamento chega grazas a unha subvención de 3.700 euros acadada polo concello a través do Fondo de Compensación Ambiental.

0.15453314781189