Trabada promove o ocio xuvenil coa celebración dos 'Xogos e actividades de Pascua'

AMariñaXa
O evento, organizado en colaboración coa Asociación de Veciños de Sante, terá lugar o 6 de abril e incluirá xogos, busca de ovos e un taller de graffiti
Actividades-Pascua-Sante-trabada-2025
19 Mar 2025

O Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa dinamización social e cultural do municipio colaborando con diversas asociacións e clubs locais. Nesta ocasión, únese á Asociación de Veciños de Sante para organizar os 'Xogos e actividades de Pascua', unha xornada festiva dirixida á mocidade que se celebrará o próximo 6 de abril ás 16:30 horas en Sante (Trabada).

A programación inclúe actividades tradicionais de Pascua como a decoración e busca de ovos, ademais de xogos recreativos e un taller de graffiti para mozos e mozas de entre 7 e 18 anos. Para participar neste último, será necesario que cada asistente leve o seu propio spray de auga. O custo de inscrición é de 5 euros, e as persoas interesadas poderán anotarse ata o 4 de abril chamando ao teléfono 696 266 162.

O alcalde de Trabada, Rubén García, puxo en valor este tipo de iniciativas, destacando o papel fundamental das asociacións na dinamización local. "Continuamos coa colaboración con todas as asociacións e clubs do noso concello, dado que fan unha labor moi importante para fomentar a participación cidadá", sinalou.

O Concello de Trabada convida a toda a veciñanza a sumarse a esta xornada festiva, que promete unha tarde de xogos e creatividade en familia.

⚙ Configurar cookies
0.033094167709351