Trabada prepárase para unha nova edición dos Cantos de Taberna

AMariñaXa
A música e a festa encherán os locais do municipio o 28 de marzo
cantos-taberna-trabada-2025
12 Mar 2025

O Concello de Trabada organiza unha nova edición dos Cantos de Taberna, que terá lugar o venres 28 de marzo e contará coa participación de distintos grupos musicais nos locais do municipio. Así, o Bar O Porfirio acollerá a actuación de A Chocolateira, o Mesón Camiño Norte contará con No Cómbaro e na Taberna da Curuxeira tocará Mon & Cía.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa para dinamizar o municipio: “Como todos os anos, desde o Concello de Trabada organizamos os Cantos de Taberna nos diferentes locais de hostalería co obxectivo de impulsar a economía local. Esta actividade forma parte do noso compromiso coa promoción cultural e turística do noso concello, complementando outras moitas iniciativas ao longo do ano”.

O evento xa se consolidou como unha tradición na localidade, promovendo a convivencia veciñal e fortalecendo o sector hostaleiro.

⚙ Configurar cookies
0.11275696754456