Trabada organiza durante o verán actividades deportivas para nenos

AMariñaXa
O Concello de Trabada organiza durante os meses de xullo e agosto actividades deportivas para nenos e nenas de entre 12 e 16 anos.
trabada actividades veran
16 Xul 2022

O Concello de Trabada organiza durante os meses de xullo e agosto actividades deportivas para nenos e nenas de entre 12 e 16 anos.

Entre as actividades ofertadas, figuran o break dance (un día a semana); pádel (un día á semana), e outro día de actividades no exterior (ruta de sendeirismo, descenso en canoa polo río Eo, pádel surf, rutas en bicicleta, etcétera).

“É unha forma de impulsar o deporte e os hábitos de vida saudables entre os nenos e nenas, á vez que favorecemos a conciliación da vida familiar e laboral dos seus pais”, explica o concelleiro de Deportes e Saúde de Trabada, Rubén García. 

“A día de hoxe, contamos con oito nenos e nenas inscritos, e para impartir ditas actividades contamos con persoas do noso concello”, engade García. 

O Concello de Trabada ofrece ademais estas actividades para dar a coñecer os seus recursos turísticos e poñer en valor as nosas instalacións municipais. Esta programación súmase ao campamento de verán para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Para o goberno local de Trabada, este tipo de iniciativas e medidas de conciliación son fundamentais para fixar poboación no rural. 

0.14532899856567