Trabada liderará con oito concellos galegos un programa de dixitalización do rural

AMariñaXa
O Goberno promoverá a dixitalización de nove pequenos concellos de Galicia, nun avance máis cara a cohesión do territorio
rural_tic PROGRAMA TRABADA
22 sep 2022

Trátase dunha aposta pioneira do Groberno que desprazará a estes concellos a profesionais do Ineco para formar no uso das novas tecnoloxías á ou asesorar ás pemes locais para potenciar o seu posicionamento dixital.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou que o Goberno promoverá a dixitalización de nove concellos de Galicia con menos de 10.000 habitantes grazas á iniciativa Ineco-Ruraltic, un programa pioneiro da empresa Ineco, dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. José Miñones enmarcou este anuncio no compromiso do Goberno de España coa cohesión territorial e coa igualdade de oportunidades do conxunto da poboación, “independentemente de onde resida”.

José Miñones lembrou que o Goberno, a través de distintos ministerios, está a “impulsar programas de dinamización rural e ferramentas para diminuír as fendas entre as cidades e os pobos, favorecer a cohesión territorial e a igualdade de oportunidades e frear o despoboamento do rural”, co obxectivo de facer que “vivir nos pequenos concellos sexa un privilexio e non unha traba para crear un proxecto de vida, de traballo ou de formación”.

O delegado sinalou que en Galicia son nove os concellos beneficiados, nos que residen máis de 24.000 persoas en conxunto. Na provincia da Coruña, as entidades locais seleccionadas son Cerdido, Porto do Son e Vimianzo; na provincia de Lugo, o Concello de Trabada, e na provincia de Ourense, os concellos de Carballeda de Avia, Cortegada, A Gudiña, Parada de Sil e A Pobra de Trives. En total, Ineco seleccionou cincuenta concellos no conxunto de España para esta iniciativa das comunidades de Andalucía, Asturias, Aragón, Castela León, Castela A Mancha e Galicia.

Ineco-Ruraltic, unha aposta pioneira

Esta aposta pioneira levará a estes concellos a persoal do Ineco, que adicará unha parte da súa xornada laboral a prestar as labores de asesoramento e formación do programa. A fórmula deseñada pola compañía permitirá aos profesionais que formen parte do programa desprazarse temporalmente a estas pequenas poboacións para compaxinar o teletraballo coa realización de talleres formativos en dixitalización social e económica.

A través deste formato de colaboración, os participantes de Ineco dedicarán ata un 20% da súa xornada laboral a estas accións, mentres que os concellos achegarán a estancia durante os días laborais do período de desenvolvemento do programa. Cada estancia terá unha duración inicial de dúas semanas, prorrogables outras dúas.

Os talleres serán de formación no uso das novas tecnoloxías á poboación de máis idade ou asesoramento ás pemes locais, entidades ou asociacións, para potenciar o seu posicionamento dixital, mellorando ou creando webs, incrementando a súa presenza en redes sociais ou deseñando apps que optimicen a actividade, entre outras iniciativas.

Más información de Ineco-Ruraltic, nesta páxina.

0.11060094833374