Trabada instalará iluminación no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas
O Concello de Trabada conseguiu unha subvención de 30.000 euros para a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas.
"Unha vez máis, a Xunta de Galicia convocou unhas axudas que se conceden por orde de chegada das solicitudes e non por concorrencia competitiva, abrindo ademais o prazo de solicitudes ás doce da noite", di Mayra García Bermúdez alcaldesa de Trabada.
García Bermúdez tramitou persoalmente a subvención e logrou presentar a solicitude ás 00.03 horas. “Son eu mesma a que se encarga de facelo, porque teño a formación suficiente e ademais evito que sexan os empregados municipais os que teñan que facelo fora do seu horario laboral e na finde semana”, explica.
Despois da elevada ocupación rexistrada durante o verán no apacadoiro de autocaravanas, “queremos seguir mellorando esta dotación e o que faremos agora é instalar unha iluminación ornamental que permita aos turistas disfrutar do espazo, xa que ademáis da zona de aparcadoiro e de vaciado de augas conta cunha zona de picnic que tamén valoran moitísimo os usuarios, pola comodidade que supón non ter que sacar e colocar as mesas e as sillas para comer”.
Nos meses de outono e inverno, a iluminación é fundamental para que os visitantes poidan dispoñer dos servicios do aparcadoiro a partir das 18:00 horas.