Trabada inicia o seu ciclo de teatro coa obra 'Arte'
AMariñaXa
Unha peza de Yasmina Reza que trata con humor a fraxilidade das relacións humanas
29 Out 2024
O Concello de Trabada inicia este sábado 2 de novembro o seu ciclo de teatro. Hipócrita Teatro chega ao salón de actos da Casa da Cultura con 'Arte', unha obra da dramaturga Yasmina Reza que trata con humor a fraxilidade das relacións humanas. Dirixida ao público adulto.
A Casa da Cultura acollerá unha obra de teatro mensual, con entrada de balde e todas o primeiro sábado de cada mes ás 21.00 horas. “Haberá sesións para todas as idades neste ciclo, que cada vez ten unha mellor aceptación entre os nosos veciños e veciñas, e para o concello é unha oportunidade de ampliar a nosa oferta cultural e de lecer”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.