Trabada fortalece lazos coa Asociación Saúde Mental A Mariña

AMariñaXa
O Concello de Trabada reforza a súa colaboración coa Asociación Saúde Mental A Mariña en proxectos de inclusión e tradición local
Visita-Trabada-Asociación-Saúde-Mental-A-Mariña
14 Feb 2025

O Concello de Trabada recibiu onte a visita da Asociación Saúde Mental A Mariña, nunha xornada de intercambio e colaboración que resultou moi agradable e produtiva.

Durante o encontro abordáronse os distintos proxectos que ambas entidades desenvolven en conxunto. Un deles é a elaboración das tradicionais cuncas da Enfariñada, evento que se celebrará o vindeiro 4 de maio. Como en anos anteriores, a Asociación Saúde Mental A Mariña encargarase da súa creación, mantendo viva esta tradición tan especial para o municipio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, quen recibiu aos representantes da asociación, destacou a importancia desta colaboración afirmando que "para min é un orgullo colaborar desta forma con esta asociación que fan un traballo fantástico e que sempre son benvidos no noso concello".

Desde o Concello de Trabada queremos agradecer a visita da Asociación Saúde Mental A Mariña e reafirmamos o noso compromiso de seguir traballando conxuntamente en proxectos que favorezan a inclusión e o desenvolvemento social no noso municipio.

0.12840700149536