Trabada finaliza as obras de renovación de pavimento na rúa Joaquín Velasco

AMariñaXa
O concello de Trabada finaliza as obras de renovación de pavimento e os servizos na rúa Joaquín Velasco, na parroquia de Trabada.
rúa-Joaquín-Velasco-trabada
6 Ago 2024

O concello de Trabada finaliza as obras de renovación de pavimento e os servizos na rúa Joaquín Velasco, na parroquia de Trabada. O alcalde, Rubén García, e as concelleiras Julia Barcia, María del Carmen Amor e Rosa Perez visitaron a rúa Joaquín Velasco para supervisar o remate da actuación.

“As obras consistiron na renovación do pavimento e a instalación de lousas de granito na parte central da rúa, ademais da renovación da rede se saneamento e da rede de abastecemento de auga”, explica o alcalde. Este proxecto supuxo un investimento de máis de 60.000 euros.

Desta forma, continúan “coa mellora das nosas rúas e vías municipais, e nesta actuación renovamos tanto so servizos como o pavimento nunha zona do núcleo de Trabada con afeccións de Patrimonio, polo tanto adaptámonos ás esixencias legais á hora de escoller os materiais para a execución das obras”, engade Rubén García.

0.1013560295105