Trabada estrea dous puntos de recarga de vehículos eléctricos

AMariñaXa
Unha vez que a ordenanza reguladora fixe o prezo, os veciños e veciñas censadas en Trabada contarán con descontos e bonificacións
punto_de_recarga_vehículos_eléctricos_trabada
3 Xul 2024

O Concello de Trabada puxo en marcha dous puntos de recarga de vehículos eléctricos no municipio, un novo servizo para os seus veciños e visitantes que será gratuíto ata o mes de outubro. Os puntos de recarga están emprazados na área de autocaravanas de Ría de Abres e na rúa Celso Currás, nas inmediacións do Centro Etnográfico Xosé Rocha.

Unha vez que a ordenanza reguladora fixe o prezo deste servizo para os usuarios, os veciños e veciñas censadas en Trabada contarán con descontos e bonificacións. O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca “a importancia de impulsar a mobilidade eléctrica, que é respectuosa co medio ambiente, e para iso é preciso dotar o concello de puntos de recarga de vehículos eléctricos”.

0.37461709976196