Trabada entrega as primeiras vivendas rehabilitadas en alugueiro social

AMariñaXa
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que "seguiremos avanzando para ampliar a oferta de alugueiro social en Trabada"
alugueiro-social-Trabada
7 Mar 2025

O Concello de Trabada asinou o contrato e a entrega das primeiras vivendas rehabilitadas en réxime de alugueiro social como mostra do seu compromiso por facilitar o acceso á vivenda.

As adxudicatarias xa poden acceder aos inmobles e habitalos, nun proxecto que leva anos en marcha e que ten como obxectivo ofrecer alternativas residenciais para a poboación.

Este plan de rehabilitación ten como fin recuperar antigas vivendas municipais e poñelas a disposición dos veciños a prezos accesibles.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que "levamos anos traballando para recuperar e rehabilitar as antigas vivendas municipais, e seguiremos avanzando para ampliar a oferta de alugueiro social en Trabada".

O Concello continuará con esta liña de actuación, reformando as vivendas das antigas escolas e outros inmobles municipais, co propósito de facilitar o acceso á vivenda e fixar poboación no municipio.

Así mesmo, unha vez rematadas as reformas pendentes e acadada a financiación necesaria, o goberno local ten previsto ampliar este proxecto coa adquisición de novas vivendas para a súa rehabilitación e posterior oferta en alugueiro social.

⚙ Configurar cookies
0.032193899154663