Trabada dá a coñecer as rutas do municipio cun programa de sendeirismo

AMariñaXa
O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso presentaron o programa de sendeirismo para os próximos meses
trabada_sendeirismo
Presentación do programa
15 Maio 2024

O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso presentaron o programa de sendeirismo para os próximos meses. En concreto, durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro realizaranse as cinco rutas de sendeirismo coas que se conta no concello: Ruta da Subida ó Picato; Ruta da Fraga da Vilapena; Ruta do Vento; Ruta do Monte Roxal-Teixido, e Ruta Fraga da Becerreira.

“Con esta actividade, organizada conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso, queremos dar a coñecer as nosas rutas e potenciar así mesmo os hábitos saudables e o deporte”, explica o alcalde, Rubén García. “Quero agradecer a boa disposición da asociación de sendeirismo para a elaboración deste programa, potenciando desta forma este turismo de deporte e natureza que é tan característico en Trabada”, engade o alcalde. Nos vindeiros días darase a coñecer toda a información detallada da primeira ruta.

rutas_sendeirismo_trabada
0.18647289276123