Trabada cubrirá o parque infantil da rúa de San Roque
O Concello de Trabada avanza na renovación e mellora das zonas infantís e de lecer para os nenos, nenas e as súas familias. O municipio tivo coñecemento de que obtivo a subvención que solicitara á Xunta de Galicia para cubrir o parque infantil situado na rúa de San Roque.
O orzamento do proxecto ascende a 51.203,14 euros e a axuda acadada é de 35.842,20 euros, polo que o Concello aportará 15.360,94 euros. “Una boa nova e unha actuación que permitirá o uso do parque tanto nos días de chuvia como nas xornadas de moita calor”, explica o alcalde, Rubén García.
Grazas á subvención tramitada polo concello, o parque contará cunha cuberta téxtil para protexer o espazo das condicións meteorolóxicas adversas. O Goberno de Trabada rematou recentemente as tarefas para substituír o valado do parque infantil do colexio de Infantil e Primaria, e xa comezou tamén a renovación completa do parque infantil da parroquia de Sante.