Trabada convoca a II edición dos Cantos de taberna para o día 22

TerraChaXa | AMariñaXa
5 Feb 2019

Os Cantos de Taberna volven a Trabada o día 22 de febreiro nos que poderán participar grupos formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10. Os grupos interesados en participar poderán presentar a solicitude ata o venres, 8 de febreiro; o modelo da solicitude poden recollelo nas oficinas municipais ou descárgalo a través da sede electrónica do Concello.
O fomento do turismo é unha prioridade na medida en que se considera un motor económico e social. Hoxe en día ben é sabido que existe moitos tipos de turismo, xa non só en canto a duración de estancia, motivación, proximidade xeográfica dos visitantes… Dende o goberno municipal, considerán que o impulso de actuacións que fomenten o turismo, engadido o gastronómico, potencia a economía do Concello, neste caso a través dos establecementos de hostelería. Por iso, para dinamizar o sector no termo municipal, e visto que se trata dunha fórmula consolidada e exitosa, decídese convinte poñer en marcha unhas xornadas de “Cantos de Taberna”, visto que non existe asociación de hosteleiros no Concello nin de comerciantes en xeral. Para isto dende a alcaldía promoveuse contactos cos establecementos Camiño Norte, Taberna da Curuxeira, Bar O Porfirio e Bar Villapol, concretándose a súa celebración o día 22 de febreiro de 2019.
A organización de tal evento enmárcase na denominada actividade de fomento, entendida como unha actividade prestacional desenrolada polo Concello para estimular a economía privada para alcanzar determinados obxectivos ou fins que se consideran de utilidade social ou interese público.
BASES
1. Os grupos participantes estarán formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10 persoas que irán acreditadas de xeito visible. A participación no concurso estará limitado a 6 grupos e/ou un máximo de 60 persoas en total.
2. A inscrición é de balde e realizarase a través dos enderezos electrónicos concello@trabada.es ou no teléfono 982135011. O límite de prazo de inscrición será o 8 de febreiro de 2018.
3. Para a inscrición deberá achegar a ficha de solicitude que estará dispoñible en www.trabada.sedelectronica.gal.
4. O evento desenvolverase o venres, 22 de febreiro a partir das 20:00h.
5. Cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque. Os grupos deberán seguir as indicacións que hostaleiro/a lle indique para a súa mellor ubicación dentro de cada local.
6. Cada grupo disporá de 30 minutos de actuación en cada local que lle se sexa asignado. O repertorio será de libre escolla, preferentemente con temas populares e tradicionais.
7. Cada grupo poderá aportar, xunto coas voces que serán obrigatorias, instrumentos musicais que os acompañen (acordeón, guitarra, instrumentos de vento e/ou percusión tradicional), en ningún caso aumentando esta circunstancia o límite no número de integrantes.
8. Os integrantes dos grupos estarán convidados a unha consumición básica en cada local do seu itinerario (viño corrente, cervexa, refresco ou auga), o resto deberán aboalo.
9. Cada grupo disporá dun “pasaporte” que selarán en cada establecemento e que será o único medio de acreditación de ter realizado o percorrido.
10. Os integrantes de todos os grupos, unha vez finalizados os recorridos, en torno ás 23.30h quedarán convidades a unha cea conxunta.
11. A organización comunicará por correo electrónico, coa suficiente antelación, o percorrido e data para a recollida do material.

0.18789505958557