Trabada convoca a entrega dos cheques polas luces públicas conectadas a vivendas

AMariñaXa
O Concello compensará o gasto eléctrico correspondente ao ano 2024 ás persoas afectadas
Concello-de-trabada-edificio-casa-consistorial
18 Dec 2025

O Concello de Trabada anunciou a convocatoria para a entrega dos cheques correspondentes ao pagamento do consumo eléctrico das luces públicas que permanecen conectadas aos contadores de vivendas particulares durante o ano 2024. A medida, segundo recolle o bando emitido polo alcalde, Rubén García Freije, busca compensar economicamente ás veciñas e veciños afectados por esta situación.

A entrega realizarase o vindeiro martes, 23 de decembro de 2025, ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Trabada. A convocatoria está dirixida ás persoas que soportaron estes custos no seu recibo eléctrico, co obxectivo de corrixir unha circunstancia que o goberno local considera allea á responsabilidade dos fogares implicados.

O alcalde explicou que “con esta convocatoria queremos dar resposta a unha situación que afecta directamente a algúns fogares do noso concello, cumprindo co compromiso adquirido coa veciñanza e garantindo unha xestión xusta dos servizos públicos”. Rubén García Freije subliñou tamén que este tipo de actuacións “forman parte do traballo continuo do Concello de Trabada por mellorar os servizos municipais e atender as necesidades reais da poboación”.

Desde o Concello informouse, ademais, de que aquelas persoas que non poidan acudir o día fixado poderán recoller o seu cheque nas oficinas municipais nun prazo máximo de 30 días a partir da data da convocatoria. O goberno local reiterou o seu compromiso cunha administración próxima e transparente, orientada a ofrecer solucións que garantan a equidade e contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.08568811416626