Trabada contratará un biólogo

AMariñaXa
Trabada contratará un biólogo como persoal laboral temporal do Concello no posto de servizo de Medio Ambiente.
concello trabada
3 May 2021

O Concello de Trabada vén de facer a contratación dun biólogo como persoal laboral temporal dentro do programa de fomento do emprego de 2020 do Plan Único da Deputación.

Este persoal axudará aos veciños a facer un correcto uso do medio ambiente coa reciclaxe de residuos ou a súa xestión, así como axudar e cumprir coas obrigas no Pacto dos Alcaldes polo Clima.

0.18673491477966