Trabada contará por primeira vez cunha Ruta Cabalar

AMariñaXa
Será o 18 de abril e contará con pinchos, vermú, comida e tardeo con música a cargo de The Sound Project
ruta-cabalar-trabada
9 Apr 2026

O Concello de Trabada e a asociación Cabaleiros de Trabada organizan a primeira edición da Ruta Cabalar, unha actividade que terá lugar o vindeiro 18 de abril e que busca promover o desfrute do mundo do cabalo e a convivencia entre participantes.

A xornada comezará ás 10:00 horas cunha saída desde o colexio de Trabada. Durante o percorrido, os participantes poderán facer unha parada para tomar uns pinchos e, ao remate da ruta, está prevista unha sesión vermú a partir das 13:30 horas.

A programación continuará cunha comida aberta ao público ás 15:00 horas e, pola tarde, haberá un tardeo con música a cargo de The Sound Project. O menú terá un prezo de 30 euros para persoas adultas e de 16 euros para nenos e nenas ata 10 anos. Os tíckets para asistir poderán adquirirse ata o 15 de abril.

0.13730406761169