Trabada comeza a celebración das súas festas

AMariñaXa
O municipio de Trabada celebra as súas festas na honra á Nosa Señora e ao San Roque
Fogos artificiais
Foto recurso
14 Ago 2024

O municipio de Trabada celebra as súas festas na honra á Nosa Señora e ao San Roque. O programa comeza este mércores 14 no que a gastronomía será o epicentro da xornada. Haberá unha gran churrascada a partir das 22.00 horas cun menú a base de empanada, xamón cocido, costela de porco, chourizo e criollo, pan e bebida. Terá un prezo de 25 euros para adultos e de 12 para os menores de ata 12 anos.

Os asistentes tamén poderán gozar da música na gran verbena amenizada por BRF Dj. A cita continúa o xoves a partir das 13.00 horas con misa solemne, seguida de sesión vermú amenizada pola orquestra Suavecito. Ademais, pola noite haberá unha gran verbena coa orquestra Suavecito, The Sound Project e BRF Dj. A celebración remata o venres 16 de novo con misa solemne e sesión vermú longa ata que o corpo aguante coa actuación do grupo Lume. Nesta xornada tamén haberá comida de balde a base de empanda, xamón cocido e chourizos.

festas_trabada
0.20452904701233