Trabada celebra unha nova edición da Feira Cabalar de San Fernando

AMariñaXa
A Capela de San Fernando da parroquia de Valboa será o escenario o xoves 30 de maio da Feira Cabalar de San Fernando.
cabalo debuxo
13 May 2024

A Capela de San Fernando da parroquia de Valboa será o escenario o xoves 30 de maio da Feira Cabalar de San Fernando. “Dende o Concello de Trabada queremos continuar coas tradicións locais, como recentemente coa Festa da Enfariñada e agora con esta Feira de San Fernando, que durante moitos anos xuntou a milleiros de veciños”, explica o alcalde, Rubén García.

O programa comezará cunha misa ás 12.00 horas, tras a que haberá exposición de gando equipo e unha exhibición de andadura galega. Haberá estacionamento para cabalos, recinto con carpa música durante toda a xornada e comida campestre con un prezo de 20 euros. A venta de tíckets prolongarase ata o 25 de maio no Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira e Bar o Porfirio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17830896377563