Trabada celebra as súas festas con verbenas, sesións vermú e churrascada veciñal

AMariñaXa
O programa comeza o mércores 14 cunha gran churrascada a partir das 22.00 horas
Fogos artificiais
Foto recurso
7 Ago 2024

O municipio de Trabada celebra as súas festas na honra á Nosa Señora e ao San Roque os días 14, 15 e 16 de agosto. O programa comeza o mércores 14 cunha gran churrascada a partir das 22.00 horas cun menú a base de empanada, xamón cocido, costela de porco, chourizo e criollo, pan e bebida. Terá un prezo de 25 euros para adultos e de 12 para os menores de ata 12 anos.

Os tíquets pódense conseguir no Mesón Camiño Norte e no Spart Express. Os asistentes tamén poderán gozar da gran verbena amenizada por BRF Dj. A cita continúa o xoves a partir das 13.00 horas con misa solemne, seguida de sesión vermú amenizada pola orquestra Suavecito.

Ademais, pola noite haberá unha gran verbena coa orquestra Suavecito, The Sound Project e BRF Dj. A celebración remata o venres 16 de novo con misa solemne e sesión vermú longa ata que o corpo aguante coa actuación do grupo Lume. Nesta xornada tamén haberá comida de balde a base de empanda, xamón cocido e chourizos.

festas_trabada
0.18575096130371