Trabada combina tradición e cultura na Festa da Enfariñada

AMariñaXa
A IV Festa da Enfariñada contará co concerto de Luar na Lubre. O domingo 7 de maio o Concello de Trabada terá esta festa
3 May 2024

Trabada acolle este domingo a quinta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada, que combina tradición con cultura e que pon en valor este prato típico, dándoo a coñecer dun xeito gratuíto para o conxunto da sociedade.  O evento, que comeze ás 12.00 horas, naceu no 2015 e xa ten unha gran aceptación.

Na pasada edición, servíronse máis de 700 racións, o que converte esa cita nun atractivo máis do municipioa que contribúe á dinamización social e económica. A Deputación achega 10.000 euros para esta cita, que servirán para a elaboración da enfariñada, pero tamén para a organización de actividades que animen esta xornada festiva, música e un mercado de produtos locais e de artesanía.

A enfariñada, tamén chamados faragullos, elabórase con touciño, ovos, leite, fariña e auga, e entrégase para a súa degustación en cuncas. A súa elaboración corre a cargo da veciñanza, que se involucra dun xeito desinteresado para dar a coñecer este prato típico da zona.

0.17697787284851