Trabada aposta polo aforro enerxético coa renovación do alumeado público

AMariñaXa
O Concello investiu máis de 51.000 euros na substitución de luminarias en cinco núcleos, co obxectivo de mellorar a eficiencia, reducir custos e avanzar na sustentabilidade.
concello-trabada-casa-consistorial-2022
23 Sep 2025

O Concello de Trabada vén de concluír un proxecto de aforro enerxético que supuxo a renovación integral da rede de alumeado público nos núcleos de Vilar, Trabada, Vidal, Vilarbetote e Vilafernando. A actuación contou cun investimento total de 51.608,25 euros, dos cales 32.000 foron achegados a través do Fondo de Compensación Ambiental, mentres que os 19.608,25 restantes foron asumidos con fondos propios municipais.

Este proxecto representa unha mellora significativa desde o punto de vista medioambiental e tamén no plano económico, xa que permitirá reducir o consumo eléctrico e, ao mesmo tempo, ofrecer unha iluminación máis eficiente e moderna para a veciñanza destes cinco núcleos.

O alcalde de Trabada, Rubén García, subliñou a importancia desta intervención: “Rematamos unha actuación moi necesaria, que vai permitir reducir consumo e custos, avanzar na sustentabilidade e mellorar a calidade da iluminación pública. Desde o Concello seguimos apostando pola modernización dos servizos básicos e pola protección do medio ambiente, con proxectos que benefician a toda a veciñanza”.

Con esta obra, o Concello reafirma o seu compromiso cun modelo de infraestruturas máis sostibles e eficientes, que contribúan ao aforro de recursos e á mellora da calidade de vida no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.089890003204346