Trabada adquiriu unha nova máquina fregadora aspiradora

AMariñaXa
Axudará a ter nas mellores condicións posibles a pista do pavillón polideportivo municipal
maquina_pavillon_trabada
5 Ago 2024

O Concello de Trabada adquiriu unha nova máquina fregadora aspiradora que axudará a ter nas mellores condicións posibles a pista do pavillón polideportivo municipal. Recibiron a nova máquina o alcalde de Trabada, Rubén García, e o concelleiro de Educación e Deportes, Pablo González.

“Melloraremos así de forma significativa o mantemento dunha pista moi utilizada todo o ano polo equipo de fútbol sala, o alumnado do colexio, clases de ximnasia, campamentos de verán e outras actividades”, explica o alcalde, Rubén García. As melloras continuarán neste pavillón nas próximas semanas, coa instalación por exemplo de novas redes nas porterías. No pavillón de Sante tamén se cambiaron as redes das porterías e instalouse unha nova canastra, “dando continuidade ás melloras que facemos de forma nas nosas instalacións deportivas”, engade o alcalde.

0.18177509307861