Trabada acollerá a proxección da película '20.000 especies de abejas'

AMariñaXa
No marco das actividades de conmemoración do 25N, o domingo 24 de novembro ás 18.00 horas
TRABADA-18-NOV-25N
18 Nov 2024

O Concello de Trabada acollerá a proxección da película '20.000 especies de abejas' no marco das actividades de conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Esta actividade terá lugar na Casa da Cultura de Trabada, ás 18.00 horas do domingo 24 de novembro. A película está dirixida por Estibaliz Urresola Solaguren e estreouse en 2023.

O alcalde Rubén García sinala que “é fundamental seguir loitando contra a violencia machista en todas as súas manifestacións, para erradicala finalmente da nosa sociedade”.

“A cultura e a educación xogan un papel fundamental nesta loita, para sensibilizar á poboación sobre a súa importancia, polo que seguiremos impulsando actividades como esta para remar nesa dirección”, engade.

0.18589305877686