Trabada acolle para maio e xuño diferentes actividades para a veciñanza
O Concello de Trabada acolle para maio e xuño diferentes actividades para a veciñanza. Así o vindeiro 20 de maio haberá unha actuación musical na casa da cultura ás 21.00 horas a cargo de Sons de Celeiro.
O sábado 27 de maio ás 21.00 horas poderase desfrutar da proxección de As Bestas, o filme dirixido por Rodrigo Sorogoyen e protagonizado por Denis Ménochet e Luis Zahera. Está ambientado en Galicia e trata sobre a hostilidade entre veciños impulsada por un conflito dun proxecto de parques eólicos. Será na casa da cultura.
Xa o martes 30 de maio na capela de San Fernando de Valboa a partir das 12.00 horas será a quenda da Feira de San Fernando coa exposición de gando, xantar campestre e actuación musical do Cuarteto Illa Pancha.
En xuño, concretamente o sábado 3 ás 21.00 horas, tocará teatro a cargo de San Tirso del Eo e a súa obra Políticamente incorrecto. Será na casa da cultura.