Touriñán e Perdomo chegarán a Burela en febreiro

AMariñaXa
Touriñán e Perdomo chegarán á casa da cultura, de Burela, o 3 de febreiro en dobre función, ás 20.
10 Xan 2024

Touriñán e Perdomo chegarán á casa da cultura, de Burela, o 3 de febreiro en dobre función, ás 20.00 horas e ás 20.30 horas.  Na obra, 'Corentena' os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.

Agora, con esta obra, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

As entradas xa están á venda en corentena.gal.

0.095541954040527