Toñita Baño da Coral Polifónica de Burela: “Participamos con moitas corais e colectivos por toda a xeografía galega"
Por Ana Somoza López.
Toñita Baño é a presidenta da Coral Polifónica de Burela, unha das corais máis antigas da Mariña.
Como nace a Coral Polifónica?
A Coral Polifónica de Burela constituíuse en 1987, e despois dun ano de moitos ensaios, debutamos no cine Mon de Burela o 21 de maio do 1988. Está integrada na Federación Coral Galega desde a súa fundación. Eu son a presidenta desde hai 22 anos, por unha parte xa me tarda o relevo, sobre todo pola idade.
Vostede é a presidenta da coral. De onde vén o seu amor pola música?
Desde moi cativa porque os meus pais eran moi cantareiros. Sobre todo a miña nai, tiña unha voz fermosa e facíao moi ben. De feito cando era unha rapaza e ían as festas e viñan as orquestras querían levala para unha delas.
En máis de 35 anos participaron en moitos eventos.
Si. Participamos con moitas corais e colectivos culturais e musicais por toda a xeografía galega e asturiana, e tamén en Cantabria e na comunidade veciña de Castela e León, Valladolid, en Villafranca do Bierzo, A Bañeza, Ponferrada, Afaber del Bierzo, Dueñas, Palencia, Cantabria, Torrelavega, etc... No ano 1992 actuamos no teatro Victoria Eugenia de San Sebastián con motivo do festival Galicia canta en Euskadi e en outubro de 2007 en Getxo.
Organizan moitos actos?
Dende a fundación destacan o festival de Letras Galegas en maio e o de Panxoliñas en decembro. Ademais organizamos tres concertos de zarzuelas en Burela, no ano 2006, 2022 e no 2023. Así mesmo, dende 2012 organizamos no mes de xullo o festival de Música del Mundo.
Fixeron algún acto especial polo aniversario?
Polo 20 aniversario, que foi en maio de 2008 fixemos un acto no que contamos coa presencia de todas as corais da Mariña, que son a Polifónica de Ribadeo, o Orfeón de Sociedade Burela e Mondoñedo, a Polifónica de Foz e a Polifónica Alborada de Viveiro. E logo, no 2013, no 25 aniversario, tivemos variados e abundantes actos. Como dato importante e que simboliza a culminación dos 25 anos de andadura musical, hai que destacar que o 14 de decembro do 2017 tivo lugar a presentación oficial do noso primeiro disco musical, editado con Clave Récord de Santiago de Compostela. Editamos 1.000 exemplares, e foi gravado na igrexa parroquial de San Román de Vilaestrofe de Cervo.
Quen se atopa á fronte?
Desde a súa fundación foi presidente Eduardo Gradeire, e despois foi substituído Marian Rodríguez, despois fun eu, Antonia Baño, despois foi presidenta Celsa Fernández, despois foi presidenta María Rosa Menéndez, e desde hai algún tempo sigo sendo eu.
Cantos membros ten?
Desde que retomamos a actividade trala pandemia estamos sobre 18 ou 22 persoas, pero fomos ata 45 nalgún momento. O que vén a dicir que necesitamos que se anime xente a vir probar, que ademais de cantar facemos saídas e pasámolo tempo.
Calquera pode formar parte?
Si, todo o mundo pode estar no noso grupo musical, de feito non fai falta ter unha voz moi excepcional, salvo para os solistas. E con que teñas oído e prestes atención paréceme que chega.
Quen dirixe a coral?
Ata outubro de 1989 estivo dirixida por Secundino Rodríguez, e despois foi relevado por Higinio Pérez. Despois desta data o seu director foi Delio Represas e compartiu tarefa co director de dirección, Felipe Sánchez, dende novembro de 2005 ata decembro de 2011. A partir desa data dirixiu a coral Felipe Sánchez ata xaneiro de 2018, mes en que se fai cargo da dirección da coral Iván Vale. Máis tarde e coa pandemia tivemos que parar durante 3 anos e retomamos a actividade en febreiro de 2023, sendo dirixida por Lucía Expósito. Na actualidade está Xacobe Pedre.
Contan cun novo director, Xacobo Pedre, como é traballar con el?
Pois polo momento de momento ben. Levamos poucos ensaios pero foron moi bos. É un rapaz de aquí de Burela, moi traballador, e gústalle moito a música.
Teñen apoio institucional para as actividades?
Pois basicamente temos contribucións das entidades públicas como por exemplo do Concello e da Deputación. A Xunta tamén nos aporta un importante capital económico e dende que se fundou ata que deixamos pola pandemia a actividade pois facíamos unha cesta, pedíamos en todos os comercios de Burela, era unha cesta moi heteroxénea porque todos daban dos produtos que vendían ou que tiñan, desde alimentación ata xoiería. E a cesta da coral, e era moi coñecida en moitos sitios da Mariña. Non sei se volveremos a retomar esta cesta ou non, aínda que de todas formas algo haberá que buscar que nos financie a parte das achegas das administración que temos.
Que proxectos de futuro teñen pensados durante o ano 2024?
Os que temos en proxecto para este ano son as Letras Galegas, o festival de outono e o das Panxoliñas. Tamén temos unha invitación para ir a Cariño en xuño a un intercambio.
A xente está a desfrutala moito, por agora todo son boas críticas. Gústalles moito que aínda que trato temas moi serios, fágoo con humor e retranca. Dinme que en canto a collen non a poden soltar e máis de un queda coas ganas de lela unha segunda vez, pois ao final hai unha reviravolta que sorprende moito.
Valora os clubs de lectura como ferramentas divulgadoras da cultura?
Encántanme os clubs de lectura. De feito En Brandán é unha novela feita para xerar conversa entre os lectores. O meu obxectivo non é facer que a xente fale desas cousas que acostumamos a calar, pois do que non se fala non existe. Os traumas, as adiccións, as persoas maiores, as persoas sen teito... Hai moita xente na nosa sociedade que precisa dun recuncho nas nosas conversas.
Aféctanlle as críticas?
Como a calquera. Aféctanme para ben e para mal. A min persoalmente gústame que a xente me diga a súa honesta opinión, sempre que o fagan con respecto, claro. Pois é que é esta a única maneira que teño de coñecer verdadeiramente o resultado final do libro. A autora é a última persoa capaz de xulgar a obra ao completo, e por iso preciso apoiarme na experiencia dos lectores. Deles podo aprender tanto ou máis que doutro escritor.
Está traballando nunha nova novela? Podería adiantarnos un pouco de que trata?
Estou a traballar nun libro de relatos de diferentes xéneros. Este está en inglés, é un proxecto ao que me animaron uns amigos dos Países Baixos. Tamén teño ganas de facer unha colección de poemas que fun acumulando cos anos.
Que é o que lle inspira para escribir?
O que máis me inspira é a dor que sufrín e da que fun testemuña. Trato de empregar esas emocións dun xeito que sexa non só terapéutico para min, se non que tamén poida se útil para outros. Tamén me inspira moito a natureza, que nos regala os momentos moi fermosos cos detalles máis insignificantes. E cal, por certo, estamos a perder por explotala como se fose un recurso infinito.
Como é combinar a escritura coa actividade que desempeña laboralmente?
Pois agora mesmo estoume a dedicar integramente á escritura e a actividades relacionadas con ela. Cando a combinaba cun traballo no sector sanitario era moi complicado, posto que unha mente afogada de tratar con persoas e un corpo canso dunha xornada laboral non che permiten escribir moi ben. Era por iso que ás veces pasaba moitos días sen coller a pluma.
Pódese vivir de escribir novelas?
Eu espero que si. E sen non é de escribir novelas, polo menos da literatura. Se a nosa sociedade non o fai posible temos un problema grave, pois a cultura é a única menciña que hai para as enfermidades sociais. Dicía Borges que unha persoa que se senta en silencio a ler un libro está a salvar o mundo, pois non está a facer o mal. Se ese 1 % superrico da sociedade empeñado en quedarse con todo se sentase a ler máis novelas igual non habería tanta xente sufrindo para chegar a fin de mes.
Cal é o seu xénero preferido? E escritor?
Non teño un xénero preferido. Gústame ler un pouco de todo porque iso me permite ter unha visión máis ampla do mundo. A especialización pode facer que sexamos uns cracks nun ámbito concreto pero ao mesmo tempo fainos ser moi ignorantes en todos os demais. A diversidade é o que fortalece un ecosistema e eu trato a miña mente coma se fose un. Un día leo a Charlotte Bronte e outro a Yuval Harari. Dito isto, sempre me gusta mencionar a Blanco Amor porque o lin de cativa e me deixou marca.