Till Lindemann estará no XX Aniversario do Resurrection Fest
Till Lindemann, o inconfundible líder e vocalista de Rammstein e un das iconas do metal contemporáneo, aterrará en Viveiro, no Resurrection Fest, o próximo ano co seu proxecto en solitario por primeira vez en España.
Tras encher estadios por todo o mundo con Rammstein, embarcouse nunha xira coa súa outra banda que xa copa grandes festivais e esgota areas de todo o continente. No seu concerto non faltarán os mellores temas da súa carreira explorando o seu lado máis sarcástico, poético e escuro sen perder a pegada industrial que caracterizan a súa música. Haberá unha gran produción, así que se es fan de Rammstein, animan desde a organización do festival, non o podes perder!
O alemán únese así ao cartel do Resurrection Fest, que xa ten anunciados tres cabezas de cartel: Slipknot, Judas Priest e KoRn (data única en España). E aínda queda moito máis por anunciar. Estades listos para vivir un aniversario incrible?