The Lazy Bones actuará na praza dos Campos de Cervo
AMariñaXa
A praza dos Campos de Cervo acollerá este venres 24 de setembro o concerto do grupo The Lazy Bones. Será a partir das 21.00 horas.
23 sep 2021
A praza dos Campos de Cervo acollerá este venres 24 de setembro o concerto do grupo The Lazy Bones. Será a partir das 21.00 horas e para asistir haberá que anotarse media hora antes no lugar do concerto.
O Grupo The Lazy Bones é unha formación creada no 2014 e integrada por Serafin Gomez , batería, Marco Dominguez, guitarra, Iván Laxe, baixo, e Diego García, voz, todos antigos membros do grupo “GLS”.
Na súa base de operacións en San Cibrao crean a súa propia visión da música funk, cun repertorio no que teñen cabida temas propios e versións para que poidas mover os pés.