Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Sor

AMariñaXa
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o vindeiro sábado 5 de agosto a ruta da Algara que será duns 10 quilómetros
terras de lourenza sendeirismo 1
12 Dec 2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Sor, no municipio do Vicedo, para o 16 de decembro, sábado.

A distancia a percorrer son 13,5 quilómetros -da Ponte do Porto a Morgallón- e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.

A saída será ás 08.30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14.00 horas do 13 de decembro, chamando aos teléfonos 658 097 133 ou 699 706 031.

O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.

A asociación convida a todas as persoas que lles guste camiñar e rodearse de natureza a unirse á súa familia de camiñantes. E lembran que o calendario pode estar suxeito a cambios por imprevistos ou reaxustes climatolóxicos.

terras lourenza sendeirismo 2023
0.17439603805542