Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola mina Carmina, en San Martín de Oscos
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola mina Carmina, en San Martín de Oscos, para o 16 de marzo.
A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.
A saída será ás 08.00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20.00 horas do 13 de marzo, chamando aos teléfonos 647 067 054 ou 699 706 031.
O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
A asociación convida a todas as persoas que lles guste camiñar e rodearse de natureza a unirse á súa familia de camiñantes. E lembran que o calendario pode estar suxeito a cambios por imprevistos ou a climatoloxía.