Terras de Lourenzá organiza unha nova ruta polo río Agüeira
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha nova ruta de sendeirismo para o 21 de outubro, baixo o nome Ruta do río Agüeira.
Así, a saída farase ás 08.00 horas dende o Cantón de Vilanova, para chegar ata Pesoz e procedes a facer a ruta duns 11 quilómetros aproximandamente e dificultade baixa.
Para participar é necesario anotarse chamando aos teléfonos nos 647 067 054 antes do martes 17 de outubro.
Ademais xa teñen preparado as seguintes rutas que serán ao Bierzo do 10 ao 12 de novembro e visitarán o Mogallón no Vicedo o 16 de decembro.
A asociación convida a todas as persoas que lles guste camiñar e rodearse de natureza a unirse á súa familia de camiñantes. E lembran que o calendario pode estar suxeito a cambios por imprevistos ou reaxustes climatolóxicos.