Terras de Lourenzá organiza a ruta da Algara

AMariñaXa
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o vindeiro sábado 5 de agosto a ruta da Algara que será duns 10 quilómetros
terras de lourenza sendeirismo 1
28 Xul 2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o vindeiro sábado 5 de agosto a ruta da Algara que será duns 10 quilómetros de distancia e de dificultade baixa.

Ao rematar a camiñata haberá unha cea no recinto feiral de Vilanova. Para participar é necesario anotarse chamando aos teléfonos nos 619 828 784 ou 619 378 029.

Ademais xa teñen preparado as seguintes rutas que serán polo río Ouro o 3 de setembro, Aller durante o 22 ao 24 de setembro, polo río Agüera o sábado 21 de outubro, achegaranse ao Bierzo do 10 ao 12 de novembro e visitarán o Mogallón no Vicedo o 16 de decembro.

A asociación convida a todas as persoas que lles guste camiñar e rodearse de natureza a unirse á súa familia de camiñantes. E lembran que o calendario pode estar suxeito a cambios por imprevistos ou reaxustes climatolóxicos.

sendeirismo lourenza agosto
0.19637703895569