Terra de Viveiro recupera as actividades cunha degustación de cogomelos

AMariñaXa
O Seminario Terra de Viveiro recupera as actividades coa celebración o día 20 dunha degustación de cogomelos
cogumelos cestas bosque
15 Nov 2021

O seminario Terra de Viveiro recupera as actividades tralo parón destes dous anos pr mor da situación sanitaria, así, convidan á normalidade cultural cunha proposta gastronómica e atendendo ás norma vixentes en canto ás restriccións de aforo dos locais nos que se desenvolven as actividades de índole deportivas, lúdicas ou culturais.

Cúmprese xusto un ano neste novembro cando Terra de Viveiro levou a cabo unha única actuación, de carácter social, ao facer entrega na Delegación da Cruz Vermella viveiresa dun lote de alimentos por valor superior aos 500 euros aportando 216 latas de conserva de bonito "reserva de campaña" destinadas a un fin solidario: cooperar co Banco de Alimentos suministrando productos básicos que solicitaban dada a situación sanitaria que afectou especialmente á economía dos máis desfavorecidos.

Así mesmo, ademais de cueiros, suministráronse productos básicos indicados polo Banco de Alimentos dada a súa escaseza: arroz, macarróns, lentellas, fariña, galletas, cacao, leite, aceite e conservas de peixe.

O vindeiro sábado día 20, ás 7 da tarde, no local do Seminario, sito no antigo Centro Comarcal, celebrarase unha degustación de cogomelos, empanada e algunha sorpresa, cunha entrada a prezo de 5 euros para socios e 10 para non socios. As persoas interesadas deberán retirar os tickets en Aquilino Mapfre, antes do próximo xoves 18 de novembro. Na xuntanza, tal como establecen as normas, será necesario o emprego da máscara.

degustacion cogomelos seminario terras viveiro
0.18722414970398