Terceira videoconferencia de Nordés do Vicedo sobre cabozos na parroquia de Suegos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
30 Apr 2020

A terceira videoconferencia de Nordés do Vicedo titúlase Os cabozos da parroquia de Suegos (O Vicedo). Viaxarase ao século XXI da man de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, museóloga e natural desta parroquia, o sábado 2 de maio, ás 19:00 horas.

Non se sabe se nos cabozos de Santa María de Suegos se produciron milagres pero valoramos as diversas formas que toman nesta parroquia do Concello do Vicedo: mariñán, asturiano, tipo "Ribadeo" e mixto. Unha convivencia que converte a Suegos nun lugar excepcional. Unhas construcións feitas para gardar trigo, millo ou moitos outros alimentos esenciais na dieta de cada momento. Achegarémonos a este elemento da arquitectura popular en Suegos coa fin de dar a coñecer e conservar a nosa cultura e a sabedoría ligada a ela.

Como ata agora, temos dúas opcións para escoitar a Aurelia: a través do Jitsi Meet, onde podedes interactuar directamente, previa anotación; ou en directo na canle de Youtube o mesmo sábado.

É preciso anotarse en asociacion.nordes@gmail.com ou enviando unha mensaxe/chamar ao 620 417 848 (Luis). Tedes ata o venres 1 de maio ás 14:00 horas. Se vos apuntades, ese mesmo día recibiredes un enlace para participar o sábado 2 na charla. Ademáis, o venres ás 19:00h. faremos unha proba de conexión para ver que todo funciona correctamente.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16853499412537