Terbutalina, primeiro grupo confirmado do BreaSon de Mondoñedo
									AMariñaXa								
			A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo está a preparar a nova edición do festival
 					
					
3 Jul 2024
			
				A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo está a preparar a nova edición do BreaSon, un festival que conta con música, oferta gastronómica, teatro e moitas actividades. A cita chega o vindeiro 9 de novembro e os primeiros confirmados son Terbutalina.
Na última edición contaron con actividades de lecer, unha representación teatral, catas de viño e un magosto. Ao escenario subiron Catuxa Salom, Grande Osso Fillas de Cassandra, Ruxe Ruxe, Los Rastreadores e The Skarnivals.
